lunes, 12 de octubre de 2015



Reflexión sobre o PLE 


Cando falamos do PLE estámonos a referir ó noso entorno persoal de aprendizaxe. No meu caso concreto, realicei un pequeno debuxo ubicando todas as ferramentas dixitais que utilizo na miña vida diaria, diferenciando entre aquelas coas que traballo no meu espazo profesional e outras que utilizo na miña vida personal. 
Cando empecei a desglosar estes instrumentos decateime de que a maior parte delas estounas a aproveitar en ámbolos dous ámbitos, e que a distancia entre un ámbito da miña vida e o outro non está tan difusa como esperaría encontralas.

A miña fonte de aprendizaxe é básicamente google, xa que grazas a este buscador accedo directamente as páxinas webs oficiais relacionadas cos contidos ós que quero acceder en calquer momento. O resto de ferramentas que incluio na miña imaxe son utilizadas de forma residual na miña vida diaria, a excepción de Gmail e Google Drive, no cal dispoño de todos os meus archivos persoais e laborais cos que traballo de forma diaria, debido a miña itinerancia continua no meu traballo autónomo e a utilización de varios pcs de forma continua.




Respecto á utilización das ferramentas Feedly e Scoop.it, todavía non é obtido delas demasiada utilidade, debido a que non son asidua a revisión de noticias, nin novedades en blogs, os únicos enlaces diarios ós que accedo son os boletíns oficiais estatais e por comunidade autónoma, onde encontro todos os contidos que soen aparecer sempre de forma posterior noutras aplicacións. Por este motivo no meu Feedly incluín estes enlaces como se pode ver na imaxe:





No hay comentarios:

Publicar un comentario