viernes, 30 de octubre de 2015

REFLEXIÓN DO MÓDULO 3: MARCO INSTRUMENTAL DA ORIENTACIÓN LABORAL

O TRABALLO DO ORIENTADOR LABORAL

Dividido en 6 bloques:
 
1- INTERMEDIACIÓN LABORAL.-
 
Modelos de intervención:
  • Modelo didáctico.
  • Modelo de asesoramento
  • Modelo centrado nos recursos
Os modelos deben funcionar como guías flexibles e complementarias que deben adaptarse ás necesidades do momento.

A metodoloxía da intervención:

O marco metodolóxico de orientación en España carece dun marco académico determinado.
Co Plan Nacional de Acción para o Emprego, consolídase a atención individualizada como a máis axeitada para desenvolver a Orientación laboral.
As tendencias actuáis da orientación profesional na UE son, entre outras, concebir a orientación como un proceso contínuo e coa necesidade de innovación e continua actualización por parte dos orientadores. Así coma un maior uso das TICs no desenvolvemento da orientación.

Os principios nos que debe basearse a orientación laboral
  • individualización
  • flexibilidade 
  • desenvolvemento da autonomía.
Accións a realizar:                          
  • Atención individualizada: ENTREVISTAS e TITORÍAS, con planificación, motivación, información e habilidades.
  • Accións grupais: DINÁMICAS DE GRUPO E ACCIÓNS FORMATIVAS, con talleres de recursos persoais e talleres de busca de emprego.
Igualdade e inclusión social: colectivos vulnerables e as súas dificultades.
 
Discapacidade: cómo mellorar a súa empregabilidade das persoas discapacitadas.
 
Perfil do técnico/a de orientación: funcións e competencias.
 

 2- ITINERARIO DE INSERCIÓN.-
 
Conxunto de accións organizadas nun proceso personalizado e lóxico, que ten como obxectivo final, a inserción laboral e o desenvolvemento profesional da persoa a que se lle abre ese IPI, especialmente a través de información, asesoramento, acompañamento e seguimento durante todo o proceso.

      Fases dun itinerario:
  1. Fase de acollida
  2. Diagnóstico
  3. Devolución e compromiso
  4. Seguimento e acompañamento
  5. Peche

3- PROCESOS INDIVIDUAIS DE ORIENTACIÓN E AXUDA NA TOMA DE DECISIÓNS.-
 
Entrevista da orientación laboral
 
Como proceso de comunicación entre dúas ou máis persoas, coa finalidade de determinar a adecuación do candidato/a a un determinado posto de traballo.
Podemos diferenciar 3 tipos de entrevista:
  • Entrevista dirixida.
  • Entrevista semidirixida
  • Entrevista grupal 
Entre outros aspectos, esta parte do módulo, mostranos:
 
- As función do orientador/a e do demandante de emprego ó que se lle abre o Ipi.
- Regras de comunicación verbal, non verbal, expresións, recomendacións para a entrevista de traballo e as partes da entrevista de orientación laboral.
 
Entrevista de selección por competencias
 
Fases do proceso de selección:
  • Entrevista inicial: preparación, estratexia e desenvolvemento.
  • Entrevista en profundidade: obxectivos, exploración da súa historia académica, laboral e persoal, avaliación e pautas a seguir.
A orientación laboral na UE.
 
Falanos da súa orixe e das estrutura e dispositivos de orientación profesional nos diferentes estados membros da UE.
 
4- ANÁLISE DE PERFÍS PROFESIONAIS E POSPECCIÓN DE EMPREGO.-
 
Análise de postos de traballo
 
Como tarefa fundamental dun orientador/a
  • Pasos para guiar ó demandante de emprego na procura de información e utilización da rede de recursos. 
  • Traballo con grupos de usuarios. Cada membro é responsable dunha parte da tarefa do grupo.
Novos perfís profesionais
 
Segundo diferentes fontes, anumeranos una serie de perfís profesionais coma novas profesións como "saída profesional" ??
 
Prospección de empresas
 
Encamiñada á inserción laboral e estructurada en 4 fases:
  1. Fase preparatoria. Antes de comezar a prospección, e consiste en delimitar a finalidade da mesma, os obxectivos e ámbitos de actuación.
  2. Fase de planificación. Para establecer una planificación exhaustiva do proceso a realizar (identificación das empresas obxecto da prospección e os seus indicadores e variables e elaboración dunha base de datos).
  3. Fase de traballo de campo. Primeira toma de contacto coa empresa, preparación e desenvolvemento da visita.
  4. Fase de avaliación e seguimento. Depuración e análise de datos, interpretación de resultados e seguimento de actuacións.
Enumerase diferentes fontes de información para a prospección, tales coma: SEPES, SIGALSA, IGVS, XESTUR, ...
 
E falanos, do "maletín do/a prospector/a", que acolle os instrumentos necesarios para levar a cabo a prospección de empresas.
 
5- TÉCNICAS E FERRAMENTAS PARA O ACESSO AO EMPREGO E O AUTOEMPREGO.-
 
TÉCNICAS E FERRAMENTAS DE EMPREGO.-
Para a busca activa de emprego, tales coma:
  • O proceso de selección
  • Canles de procura de traballo
  • Currículo e carta de presentación: estrutura e modelos de cv e de carta de presentación.
  • Entrevista de selección: mostranos diferentes tipos de entrevistas, segundo o método utilizado.
  • Outras probas de selección, psicotécnicos e dinámicas grupais.
  • Rede de contactos. Networking
RECURSOS PARA O AUTOEMPREGO.-
 
A tarefa do orientador/a laboral, de fomentar o espírito emprendedor, así coma potenciar as actitudes positivas dos usuarios/as do servizo de orientación laboral, como futuros emprendedores.
 
Enuméranse diversos organismos de información e tramitación relaccionada co autoemprego, tales coma:  Consellería de Traballo e Benestar,  Igape, Consello galego de Cooperativas, Rede Eusumo, ...
 
6- ANÁLISE ECONÓMICO-FINANCEIRA.
    ESTUDO DE VIABILIDADE.

O PLAN DE EMPRESA
 
O estudo de mercado.-

A empresa de nova creación  deberá estar orientada ao mercado actual, e a súa finalidade será lograr dar saída a aquel produto que está a ofrecer.
Cuestiones clave como obxectivos de toda investigación de mercado:
  • ¿A actividade a que se vai dedicar a empresa?
  • ¿Cal e cómo é o mercado no que se moverá?
  • ¿Cómo se conseguirá vender?
Para este estudo será necesario realizar unha investigación, con  diferentes fases:
  1. establecemento de obxectivos
  2. descrición da contorna
  3. recollida de información
  4. análise desta información
  5. conclusións
A análise DAFO
 
A súa finalidade é realizar un traballo de reflexión dos aspectos internos e externos da empresa para ver con maior claridade a situación que ocupará no seu contorno competitivo. Esta análise permitirá á empresa precisar os aspectos internos que constitúen as súas fortalezas que deberá potenciar e as debilidades que tratará de superar, así como os aspectos externos que suponen amenazas a evitar e amenazas a aproveitar.
 
As variables da mercadotecnia
 
A mercadotecnia é o proceso de planificación e execución da oferta, fixación do prezo, promoción e distribución de ideas, bens e servizos para lograr intercambios que satisfagan os obxectivos dos consumidores e das organizacións que o realizan.
A segmentación do mercado
 
É a división en diferentes submercados integrados por consumidores que presentan características homoxéneas no que a preferencias, gustos e hábitos de compra se refiren.
e como estratexia, enténdese o conxunto de accións defensivas, ofensivas ou neutras que desenvolve a empresa para facer fronte á competencia e lograr unha vantaxe competitiva que lle permita acadar o éxito desexado.
A previsión de vendas
 
Podemos falar de  demanda potencial de mercado, lo que el mercado necesita o como un hueco de negocio.
A determinación da demanda é un elemento crítico na análise de viabilidade dun proxecto empresarial, difícil de realizar e de cuantificar con exactitude, sobre todo cando se trata de novos emprendedores, sen ningunha experiencia.                                                        
 
O estudo económico–financiero cuantifica a información obtida nos diferentes apartados dun plan de empresa, documento que se debe redactar cando se acomete a execución dun novo proxecto, co obxectivo de lograr unha análise retrospectiva da xestión dunha empresa.
A análise financiera
 
Mediante a análise financieira a empresa coñecerá a estrutura do seu patrimonio e poderá saber a súa solvencia para afrontar os pagos.
As técnicas para efectuar a análise financieira dunha empresa son:
  • Técnica gráfica.
  • Técnica numérica, por porcentaxes e índices.
  • Técnica de ratios.
A análise económica
 
Para coñecer a posibilidade de lograr os beneficios suficientes que permitan acadar as expectativas xeradas coa idea de negocio inicial.

 
Este foi o contido do “Marco intrumental” do Posgrao de Especialización en Orientación Laboral.
Os temas impartidos polos profesores: Mayte Deus e Fernando Agulló nos meses de setembro e outubro, pódense considerar como aportacións de gran utilidade para o desempeño das funcións dos Técnicos de Orientación Laboral. 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario