Reflexión contorno PLE e FEEDLY de Matilde.-
Como un novo enfoque de aprendizaxe formal e non formal,
dende as novas tecnoloxías, sen unha
estrutura concreta, dividido en tres etapas, utilizando diferentes ferramentas
que a veces utilizo só en algunha das etapas,
e outras en varias.
1-
Fontes
de información: buscadores, webs e programas, que me permiten localizar e
filtrar a información que necesito.
2-
Aplicacións
que me permiten organizar esa información relevante para o meu traballo e na
vida privada.
3-
Aplicacións
e Redes sociais, que me facilitan o contacto con outras persoas para compartir información
de interese para ambas.
Conectando todos estes canles, consigo mellorar a xestión do
meu aprendizaxe.
E agora que comezo a coñecer novas ferramentas de busca, filtraxe e
comunicación que nos axilizan tanto o traballo, estou convencida de que debo
saír dos hábitos convencionais e ampliar recursos; xa comecei a utilizalas no
día a día no desenvolvemento da miña profesión.
Son consciente de que é necesario e que me queda moito por
aprender no manexo destes novos recursos. E por suposto, estou disposta a a
estar actualizada.
Feedly Como ferramenta RSS de gran utilidade que nos permite filtrar, ordenar e clasificar
contidos de un interese, sen ter que
visitar cada Web.
No hay comentarios:
Publicar un comentario