viernes, 23 de octubre de 2015

Os Itinerarios Personalizados de Inserción

Como traballo grupal do módulo 3 escollemos os itinerarios de inserción e como ben nos dixo Mª. Teresa Deus Trasobares na súa exposición, o Itinerario Personalizado de Inserción (IPI) é o conxunto de actuacións consensuadas entre o orientador/a laboral e a persoa demandante de emprego cun obxectivo común que é mellorar a súa empregabilidade para conseguir a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional dos usuarios.

O itinerario está composto por tres fases diferenciadas que conforman un proceso:

-Un diagnóstico personalizado.
-Unha intervención orientadora, na que poden darse actividades individuais e grupais.
-Unha  avaliación continua.

Os condicionantes dun itinerario de inserción son:

-O mercado laboral, a situación económica actual, lexislación…
-Características persoais, familiares, circunstancias sociais, experiencias previas.

Encanto aos obxectivos a conseguir polo usuario son:

-Atopar un emprego e manterse en dito posto de traballo.
-Conseguir unha retribución económica, integrarse socio-laboralmente, recuperar estabilidade    familiar, conseguir independencia, unha actitude proactiva….

O itinerario supón un cambio en varios sentidos:

-Mellora das súas competencias para enfrontar as súas expectativas, tendo en conta o que esixe e o que  ofrece o mercado de traballo, que teño? e en que se pode mellorar?
-No autocoñecemento (a percepción que ten de si mesmo, que quere?, cales son os seus intereses?
-Na autoestima (motivación, na valoración que fai de si mesmo).

 A continuación imos desgranar as diferentes fases de que consta un IPI:

Acollida – Toma de contacto: onde se comezará pola presentación do servizo e explicar en que consiste e que beneficios ten a súa consecución. Delimitar roles a desempeñar- Valorar motivación-Crear un vínculo de confianza.

Diagnóstico: recoller e valorar información sobre a empregabilidade da persoa. Características da persoa: traxectoria laboral, currículo oculto, situación social e tamén as actitudes e aptitudes fronte aos hábitos da busca de emprego, habilidades para o emprego, actitude cara ao emprego e a formación, tendo en conta o proxecto persoal e intereses e as estratexias persoais.

As preguntas clave para desenvolver esta fase son:

-Que quero? os meus intereses e motivacións
-Que teño?titulacións académicas formación complementaria, experiencia profesional,competencias...
-Que esixe e que ofrece o mercado de traballo? reflexión sobre a súa empregabilidade.

O usuario ten que reflexionar para delimitar o seu obxetivo ou proxecto laboral, que está disposto a poñer en xogo, que precisa para mellorar a súa empregabilidade, é dicir detectar os puntos febles que debe combatir e para iso a ferramenta de reflexión útil chamase DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades) que debe realizar antes da definición dos seus obxectivos.

Devolución e Compromiso: devolver información para que a persoa tome decisións en relación co seu proceso de inserción (IPI), fixar un percorrido cunha serie de actividades e establecer un compromiso de participación por ambas partes.

Seguimento e Acompañamento: procurase desenvolver capacidades para o emprego, técnicas sociais (titorías, obradoiros, dinámicas grupais...).

Peche: non sempre se conseguirá a inserción laboral estable, pero si unha mellora na autonomía da persoa.




















Na segunda parte da sesión traballamos con supostos prácticos para deseñar unha estratexia de intervención. O noso caso práctico dicía así:

Rocío é unha muller de 50 anos, que traballou como coidadora de persoas dependentes durante 15 anos e que neste momento se atopa desempregada. Acaba de chegar a Galicia procedente de Andalucía. Non percibe ningunha prestación porque no último traballo no que estivo non a deron de alta na seguridade social. Na súa vida laboral pódese ver que dos quince anos que nos di que ten traballados, só 8 figuran como cotizados.
Rocío busca traballo e acode ao noso servizo de orientación para que lle asesoremos na súa búsqueda.

Como primeiro paso facemos unha entrevista inicial - de acollida: se por exemplo traballamos como orientadores laborais do SPEG podemos facer o traslado da tarxeta (darde) onde clasificamos a demanda, recompilando datos persoais, académicos (titulacións), formación complementaria (cursos), idiomas, experiencia profesional (informe de vida laboral), carnés profesionais, coñecementos informáticos....requiríndolle de todo iso documentación para acreditar que o que nos está a contar é verdade. Tamén teremos en conta a súa situación persoal (por exemplo se ten cargas familiares...) que poidan condicionar a busca activa de emprego, o horario do posto de traballo ou a mobilidade xeográfica... entre outras preguntas que nos vaian xurdindo na conversa.

Unha vez  que xa temos claro o perfil profesional da usuaria podemos explicarlle o procedemento do recoñecemento da experiencia profesional rExp no caso de que non dispoña dunha acreditación oficial , inclusive tamén barallamos compatibilizalo coas competencias clave (no caso de que non teña titulación mínima da ESO) para poder facer os cursos de atención sociosanitaria en IISS ou a domicilio e derivala a unha segunda entrevista onde se lle fala das diferentes ferramentas de busqueda de emprego (sesión de elaboración do c.v, as cartas de presentación, a busca de emprego on-line, a candidatura espontánea nas empresas da comarca que encaixen co seu perfil.... e do inicio do IPI sempre e cando se conte co consentimento da usuaria.

Vídeo explicativo do rExp:




Autoras: Rocío González, Rosa González, Mª. José Ferro, Beatriz Otero e Matilde Martínez

No hay comentarios:

Publicar un comentario