lunes, 21 de septiembre de 2015

Reflexión sobre a Contorna Persoal de Aprendizaxe (Personal Learning Environment, PLE)

Que son as Contornas Persoais de Aprendizaxe?

As Contornas Persoais de Aprendizaxe son un novo enfoque sobre como e onde aprendemos. Son unha maneira de entender ese proceso formal e informal de adquirir coñecementos que se desenvolve ao longo de toda a vida. 

Elaborar un PLE permítenos desenvolver as nosas competencias e favorecer a nosa aprendizaxe porque o deseño adáptase aos intereses e necesidades persoais.
  • Cada persoa fíxase os seus propios obxectivos. Decide que, como, onde, a que ritmo e en que grao quere aprender. 
  • Non hai unha estrutura formal. Non hai esixencias, límites nin restriccións.

Un PLE ten tres partes principais segundo Jordi Adell
  • As ferramentas que eliximos para a nosa aprendizaxe. 
  • Os recursos ou fontes de información. 
  • A Rede persoal de aprendizaxe (Persoal Learning Network, PLN) que imos construíndo.

Esquema gráfico da miña Contorna Persoal de Aprendizaxe

A miña contorna persoal de aprendizaxe

Da miña contorna persoal de aprendizaxe destaco as posibilidades que ofrece o mundo dixital (ferramentas, recursos e servizos) para acceder, organizar e compartir coñecemento. Atopar e seleccionar información útil e relevante de forma eficiente é para mín a parte máis laboriosa. Servizos como Feedly e ferramentas como os clásicos marcadores ou Diigo facilitan ese traballo.

Captura de pantalla de Feedly

No meu día a día actualizo, reforzo e incorporo novos coñecementos mediante o consumo de información de diversas fontes: prensa, blogs, videos, presentacións. Emprego e valoro enormemente os servizos de almacenamento na nube como Dropbox, Google Drive ou o que ofrece Office 2010. Aportan seguridade no arquivo de información, permiten tela en todo momento e en calquera lugar, compartila e traballar de xeito colaborativo.

Por último, non quixen deixar atrás neste esquema da miña contorna persoal de aprendizaxe os "lugares creativos" do mundo offline onde reflexiono, ordeno inquietudes e de súpeto aparecen as mellores ideas... Todas as ferramentas e espazos, online e offline, nutren e potencian a miña personalidade curiosa e autodidacta.


"Todos/as temos xa un PLE. Sempre existiron!" Jordi Adell

REFLEXIÓN SOBRE O CONTORNO PERSOAL DE APRENDIZAXE



Que é un PLE?

PLE (acrónimo de Personal Learning Environment) ou Contorno Persoal de Aprendizaxe é un sistema de aprendizaxe persoal no que se integran coñecementos formais e informais a través dun conxunto de ferramentas, servizos e conexións coas que se pode dirixir a propia aprendizaxe. Permite organizar, filtrar, comentar e compartir información a través da comunidade na que se participa e das fontes do noso interese.

É unha maneira individualizada de acceder a todos os coñecementos e información que nos ofrece a rede e de xestionar, deste xeito, a nosa propia aprendizaxe.

Compoñentes do PLE

Para Jordi Adell o contorno persoal de aprendizaxe ten tres compoñentes:
  • Ferramentas ou aplicacións: son programas, aplicacións ou servizos en liña para buscar, organizar, crear, comunicar, colaborar e publicar.
  • Recursos ou fontes de información: son os sitios ou páxinas web que se consultan en relación co tema de interese.
  • Rede persoal de aprendizaxe: son as persoas coas que mantemos contacto e compartimos contidos.

O meu PLE

Antes de asistir a este curso non escoitara falar do PLE, así que isto é novo para min. A miña forma de consultar, de gardar e compartir a información eran antidiluvianas, como podedes ver no seguinte debuxo:


Diigo

Unha das ferramentas para organizar o noso PLE é Diigo: servizo web para gardar as direccións dos nosos favoritos mediante un sistema de etiquetas para localizalos máis facilmente. Permite tamén resaltar parágrafos nas páxinas visitadas e incluír notas ou comentarios. Presenta ademais outras funcións: formar comunidades, foros, enviar sms ou textos a twitter cos enlaces ás páxinas que queiramos.

Feedly

Acabo de darme de alta en Feedly. Considero que é unha ferramenta moi útil, pois permite ter nunha mesma páxina todas as actualizacións das páxinas ou blogs que nos interesen, con suscrición RSS.






sábado, 12 de septiembre de 2015


REFLEXIÓN SOBRE O PLE (ENTORNO PERSOAL DE APRENDIZAXE)






A miña reflexión sobre o PLE (entorno persoal de aprendizaxe) comeza pola súa definición, ou polo que se entende por ditas siglas, xa que son un conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que utilizo de forma asidua, por non decir todolos días para aprender e estar informada  das diferentes novas que me rodean.

No meu caso de contidos relacinados coa orientación laboral (ofertas de emprego privado e público, subvencións, axudas para os desempregados, autónomos, novos emprendedores…..).

Empezo coa revisión dos diferentes lectores, sobretodo feedly que facilita moito a tarefa de resume de noticias relacionadas co emprego público a nivel local, autonomico ,estatal e incluso a nivel europeo, e tamén sobre diferentes noticias de orientación profesional e laboral que se publican nos blogs dos diferentes profesionais do medio ( Donde hay trabajo, Yo Oriento, Zumo de empleo, Emprego Viveiro...) podendo dende ese mesmo medio publicalos a través do twitter, facebook, linkedin.....e dando así  publicidade a todos aqueles seguidores das miñas ferramentas de emprego.






Convertindome en gran consumidora e productora de información que se cultiva ao longo do tempo e da lugar ao intercambio de información de diversas maneiras e con diversos obxetos dixitais : entradas nun blog,no google +, no Facebook , no linkedin….

Cada profesional ou persoa pode añadir as páxinas que sexan do seu interés e personalízalo, porque cada un ten unhas inquietudes diferentes…e unhos intereses persoais ou profesionais diferentes.

Como tarxeta de presentación profesional: about me e linkedin o que che permite estar dispoñible para todos aqueles reclutadores na nube profesional e tamen para compartir información relacionada co teu sector profesional e poder intercambiar noticias e entrar en debate!

En definitiva o PLE e o entorno no que aprendemos usando eficientemente as tecnoloxias, xa que hoxe vivimos nun mundo no que a información fragmentouse e dispersouse en multiples espacios por acción das tecnoloxias, case calquera pode ser creador e proveedor de información...e o coñecemento avanza a velocidade vertixinosa, polo que coñecer e manexar o PLE supon unha estratexia para aprender eficientemente.