lunes, 27 de julio de 2015

CAMIÑO HACIA A ORIENTACIÓN.....

Facendo un percorrido e unha reflexión persoal de todo o visto neste primeiro módulo no Curso de Especialización en Orientación Laboral comezamos pola clasificación dos diferentes temas vistos :

  • Tema 1: Marco de referencia da orientación laboral
  • Tema 2: Mercado laboral
  • Tema 3: Certificación e formación profesional
  • Tema 4: A política social e de emprego na Unión Europea
  • Tema 5: A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral

Centramonos no primeiro:

1. O MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL:


Gracias a exposición de Teresa Bernal somos capaces de diferenciar as competencias do noso Sistema Nacional de Emprego e distinguir servizos para mellorar a Dispoñibilidade, Empregabilidade e Ocupabilidade.

E deixounos claro a quen lle corresponde levar a cabo as politicas Activas e Pásivas:

-Politicas Activas: o SPEG depende da Xunta de Galicia presta servizos ou exercen funcións no ámbito das Politicas Activas de emprego que son un conxunto de accións e medidas de orientación, emprego e formación dirixidas a mellorar as posibilidades de acceso ao emprego.

- Politicas Pásivas: refirese as prestacións e subsidios... e correspondelle o Servizo Público de Emprego Estatal.

2. O MERCADO LABORAL:


Despoís de escoitar a  Fernando Agulló e Mª Teresa Deus somos capaces de orientar sobre as tendencias do Mercado de traballo e como alcanzar o equilibrio de dito Mercado, xa que ven determinado polo punto de encontro das curvas da oferta e da demanda de traballo.

Quedounos claro os indicadores do Mercado de Traballo  según as definicións da EPA (Enquisa de Poboación Activa):
Activos, Ocupados (traballadores por conta propia e asalariados ou traballadores por conta allea ven sexa na administración ou empresa pública ou na empresa privada a tempo completo ou a tempo parcial) e Parados.
Taxas segundo a EPA: Taxa de Actividade, Taxa de Paro e Taxa de Emprego.
Desemprego - tipos de paro: paro estructural, paro friccional, paro ciclico, paro estacional.

Podemos  ter coñecemento de todo elo a través do Observatorio Ocupacional ven a nivel estatal do Servizo Público de Emprego Estatal, ou autonómico do Servizo Público de Emprego de Galicia: Observatorio Ocupacional Xunta


Un resume práctico tedelo no seguinte video!!!




3. CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL


A exposición de Ana Ferreiroa e Elena González  deixounos claro ¿Cómo acadar unha cualificación Profesional? 

Hai tres maneiras:

1. A través do sistema educativo - titulos FP (Formación Profesional Básica que sustitue o PCPI, Formación Profesional de grao medio (nivel 2) e Formación Profesional de grao Superior (nivel 3) , e durante un tempo coexistirán os Titulos LOGSE e os Títulos LOE.

2. Mediante o sistema de Formación para o emprego - Certificado de profesionalidade. Durante un periodo de tempo coexistiran os certificados antigos cos novos, neste cadro vemos as diferencias entre ambos:





3.Mediante o Recoñecemento da competencia profesional:

Que trata dun conxunto de actuacións dirixidas a recoñecer a competencia adquirida a través da experiencia profesional e/ou das vias non formais de formación (cursos), é un procedemento único tanto no ambito educativo como para o laboral e teñen validez en todo o territorio do estado.
Estructura do procedemento:
Inscrición (previa publicación do DOG)

1. Fase de asesoramento: obligatoria, individualizada ou colectiva e presencial ou telematica) nesta fase emitese un informe non vinculante.

2. Fase de Avaliación realizada por unha Comisión de avaliación (de mínimo 5 persoas) que comproban se o candidato demostra a competencia profesional requerida.

3. Fase de Acreditación da Competencia Profesional.

E por último rexistro das acreditacións, nesta fase expedirase unha acreditación de cada unha das unidades de competencia que se superan.

 



   





4. POLITICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UNIÓN EUROPEA


A orixe e evolución da politica social e de emprego na U.E levouse a cabo a través do tratado de Amsterdan e do Tratado de Lisboa co obxetivo de reducir o desemprego.

O FSE ,(fondos estructurais) foron creados para promover o emprego e o financiamento de ditas politicas e o desenvolvemento dos RRHH en todos os paises da U.E.


Neste video dispoñible en varios idiomas do FSE (2014-2020) queda todo moito mais claro:







As institucións e organismos comunitarios en materia de emprego que poñen en marcha ditas politicas son os seguintes:

-Comisión Europea
-Parlamento Europeo
-Consello da U.E 
-Comité Económico Social Europeo

Ao remate do relatorio de Cristina Couto somos capaces de xestionar moito mellor a información da U.E para que os nosos orientados poidan beneficiarse dos programas, axudas, subvencións...europeas, por se queren traballar ou estudar nalgún pais da U.E ou polo menos derivalos ao organismo adecuado e aos Conselleiros Eures que tan ben fan a súa labor.

5. INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL

Nos últimos tempos vividos a evolución do paro debido a crise socioeconomica segue alentando ao emprendemento por necesidade, mais que como algo innato ou cultural dos españois, para elo temos que mellorar nos seguintes aspectos para ser mais e mellores emprendedores:

-Necesitamos mellorar o acceso ao financiamento (falta de recursos persoais)
-Reducción de tramites burocraticos para crear unha empresa (excesiva burocratización).
-Implantar materias que fomenten o espirito emprendedor na etapa escolar.
-Formación especifica.

Os tres elementos esenciais que temos que ter en conta para a creación dunha empresa son:
-A idea- ¿Qué?
-O emprendedor- ¿Quen e Por Que?
-Plan de empresa - ¿Cómo?

Fernando Agulló explicounos que é un Plan de Empresa e para que serve? é quedounos claro que é un documento onde o emprendedor lle dá forma á súa idea, reflexiona e plasma as cuestións mais importantes, hai moitas e variadas formas de elaborarse , nos aquí puxemos en práctica o Método Canvas.

Aqui tedes unha foto co traballo feito en conxunto!!!


















Por último como reflexión final decir, que grazas a todos estes coñecementos adquiridos ou en proceso de asimilación sobretodo nas competencias TIC (que algunhas delas xa as coñecia ainda que non as poñia en práctica) o proceso de orientación laboral e profesional faise mais facil e ameno, podendo dar así un servizo mais eficaz e completo a todo aquel usuario que o necesita.


ENLACES DE INTERES!

Portal de Emprego

Ven a FP

Recoñecemento da Experiencia Profesional


Portal Eures

Guia Empresarial

Ideas de Empresa

100 Ideas para Triunfar

1 comentario:

  1. O señor Benjamin foi por riba dos seus requisitos para axudarme co meu préstamo que empregou para ampliar o meu negocio de farmacia, eran xoias simpáticas, profesionais e absolutas para traballar. Recomendaré a calquera persoa que busque préstamo para contactar. Lfdsloans@outlook.com.WhatsApp ... + 19893943740.

    ResponderEliminar