lunes, 27 de julio de 2015

Reflexión sobre M1: Marco conceptual de orientación laboral.


REFLEXIÓN INDIVIDUAL DO MARCO CONCEPTUAL DE:      MATILDE MARTINEZ MARTINEZ
 
O  módulo 1 ofrécenos unha  información básica que todo orientador laboral debe coñecer para poder desenvolverse no amplio e complexo proceso da orientación laboral
 Coñecementos de:
1-      SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO:
A nivel  ESTATAL:    SEPE
 
A nivel  Galicia:    SPEG  
 
As competencias en materia de políticas activas de emprego foron traspasadas á nosa Comunidade Autónoma, o Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), mentres que as políticas pasivas (prestacións, …) seguen sendo xestionadas pola Administración Central (SPE).
2-      A DEMANDA DE EMPREGO e a súa clasificación.
 
             PERSOA DEMANDANTE E DISPOÑIBILIDADE
                             OCUPACIÓN E EMPREGABILIDADE       VIDEO
                                                 MERCADO LABORAL E OCUPABILIDADE
A labor do orientador/a deberá de tratar que a persoa desempegada a orientar, reflexione a cerca da súa situación e as súas carencias e posibilidades, e así poder cambiar ou adecuar a súa dispoñibilidade e empregabilidade, e polo tanto, aumentar o seu nivel de ocupabilidade para insertarse no mercado laboral, nun posto de traballo o máis adecuado ao seu perfil profesional.


3-      MEDIDAS ACTIVAS DE EMPREGO DO SPEG.


a.       Servizos para a mellora da empregabilidade.
 
b.       Axudas ao autemprego e á economía social.
c.       Axudas á contratación por conta allea.
4-      O MERCADO DE TRABALLO.
 
                DIFERENTES TIPOS DE PARO
                A PROSPECCIÓN DO MERCADO DE TRABALLO
                OFERTA E DEMANDA
                ENQUISA DE POBOACIÓN ACTIVA  (EPA)
                COMO E ONDE TRABALLAR   ????
 
El paro baja pero Ourense sigue a la cola de España en tasa de actividad
La EPA cifra en 28.100 el número de desempleados, 3.900 menos que en marzo
ourense / la voz, 24/07/2015 05:0024 de julio de 2015. Actualizado a las 05:00 h.
Buenas y malas noticias en la Encuesta de Población Activa relativa al segundo trimestre del año que publicó ayer el Instituto Nacional de Estadística. El paro desciende en 3.900 personas con respecto a los tres primeros meses del 2015, pero Ourense sigue siendo la provincia de España con menor tasa de actividad, el índice que mide qué parte de la población se encuentra participando activamente en el mercado de trabajo.
La EPA también ofrece datos sobre la población ocupada (105.200 personas) frente a la parada (un total de 28.100). La tasa de paro es del 21,06 % y baja más de dos puntos con respecto al primer trimestre del año. Cabe destacar que las cifras de desempleados de esta encuesta del INE es más pesimista que la que ofrece cada mes el Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Según esta misma fuente, a 30 de junio eran 27.539 ourensanos los que no conseguían un empleo, 13.095 hombres y 14.444 mujeres
5-      FORMACIÓN PROFESIONAL E CERTIFICACIÓN.
 
FORMACIÓN PROFESIONAL e as súas modalidades.
 
O CATÁLOGO NACIONAL DE CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS (CNCP)
INSTITUTO GALEGO DAS CUALIFICACIÓNS
ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS
6-      POLITICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UNIÓN EUROPEA.
 
                MOBILIDADE DOS TRABALLADORES
                RED EURES: Rede Europea de Servizos de Emprego
                A POLITICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UE
                O FONDO SOCIAL EUROPEO. Fondo estructural da UE para promover o emprego       e o desenvolvemento dos recursos  humanos en todos os países da UE.   FSE  2014-2020
               POLITICAS ACTIVAS DE EMPREGO
 
Soy solicitante de empleo.
 
Buscar un trabajo    
También puede:
 
Soy empresario
Encontrar candidatos
También puede:
 
       7-  A INICIATIVA EMPRENDEDORA.
                PLAN DE EMPRESA
               Nesta parte, o profesor Fernando Aguilló, falounos acerca do mercado de traballo, o deseado equilibrio que daría lugar ao pleno empego, o emprendemento e o plan de empresa, para pasar a continuación a elaborar un Plan de empresa, en grupo.
 
 
 
CANVAX (modelo Plan de emprego)
 
 
              AXUDAS AO AUTOEMPREGO


8-      COMPETENCIAS DIXITAIS.


Non podemos esquecer a importancia das competencias dixitais, algo que debemos desenvolver e que cada vez é máis necesario para o desempeño da nosa labor en orientación laboral.

Conclusión: A labor da orientación require como se pode apreciar, de amplios coñecementos en diferentes campos e unha constante actualización, organización e unha actitude totalmente positiva.
E o que queda de agora en adiante..........

 
 
 
 
 
 

 
 

Sinopse e Reflexión sobre o Módulo I "Marco Conceptual" da Orientación Laboral

O módulo I “Marco Conceptual” introduce as nocións básicas da contorna de traballo do profesional da orientación laboral: información sobre o mercado de traballo, estrutura dos servizos públicos de emprego, procedementos de acreditación de competencias, programas e recursos europeos, asesoramento para o autoemprego e a creación de empresas. Distribúese en 5 temas.

MÓDULO I - MARCO CONCEPTUAL DA ORIENTACIÓN LABORAL
Temas Módulo I "Marco Conceptual"

Estes cinco temas compleméntase con seis relatorios de expertos/as. O contido e impresións sobre o desenvolvemento destas ponencias detállanse a continuación:

O primeiro relatorio, “O Servizo Público de Emprego de Galicia: medidas activas de emprego” de Teresa Bernal Cortegoso, centrouse nas políticas activas de emprego en Galicia e na estrutura pública de implementación. A exposición definiu os axentes implicados no sistema, as medidas postas en marcha e os conceptos básicos sobre o mercado de traballo: Servizo Público de Emprego de Galicia (funcións, organigrama, distribución de competencias cos servizos estatais), definición de demanda de emprego, indicadores do mercado laboral (EPA, paro rexistrado, afiliación á Seguridade Social), medidas activas de emprego (servizos para a mellora da empregabilidade, axudas ao autoemprego e a economía social e axudas á contratación por conta allea).

Principalmente deste relatorio destacaría a importancia de coñecer e manexar as distintas fontes de información e a definición do funcionamento dos servizos públicos de emprego. Esta información é moi importante para poder aproveitar todos os recursos que ofrece o sistema ás persoas desempregadas.

No caso das políticas activas de emprego, estratexias que teñen unha repercusión directa nos colectivos susceptibles de atención, destacaría a necesidade de completar esta ponencia con máis detalle sobre as medidas e programas, principalmente sobre os que se están a pór en marcha na actualidade como Garantía Xuvenil ou o Programa de Activación para o Emprego.

Tamén xunto co coñecemento dos recursos que oferta o sistema público engadiría os recursos do sector privado, unha referencia ás axencias de colocación que están a traballar actualmente en Galicia.

Evolución taxa de paro España 2007-2015

O segundo relatorio “A estrutura da formación profesional e os certificados de profesionalidade” de Elena González de la Cámara Cayuela introduciu o concepto da cualificación profesional para centrarse na estrutura modular da formación profesional e os certificados de profesionalidade. Nesta ponencia definíronse: as cualificacións e as competencias (significado, estrutura, Sistema Nacional, Catálogo Nacional, Marco Europeo, acreditación), a formación profesional (estrutura, distribución modular, títulos, requisitos) e os certificados de profesionalidade (finalidade, estrutura, actualizacións normativas). Tamén se referenciou básicamente o procedemento de acreditación profesional pola vía da experiencia que sería tratado na ponencia seguinte.

Da temática do relatorio, de moito valor na orientación, destaco principalmente o coñecemento dos distintos procesos para cubrir as necesidades de cualificación das persoas: coñecer se lles serve para un emprego concreto a formación ou experiencia que xa posúen, se necesitan algún título, requisitos para acceder a un certificado, convalidacións de carnés profesionais para realizar un determinado traballo. O enfoque da cualificación e a competencia profesional está a consolidarse na nosa contorna laboral e paréceme unha alternativa atractiva para impulsar a formación nunha dirección harmónica entre as necesidades das persoas, as empresas e o mercado de traballo.

O terceiro relatorio “Certificación e competencias” de Ana Ferreiroa Dobarro completou o anterior de Elena González de la Cámara Cayuela profundizando nos certificados de profesionalidade e no procedemento de recoñecemento da experiencia profesional. Detalláronse as vías para a obtención dunha cualificación profesional, os conceptos básicos sobre os certificados de profesionalidade (familias, niveis de acceso do alumnado, requisitos do profesorado, comparativa cos anteriores a 2008, ofertas de formación, prácticas en centros de traballo) e o procedemento de recoñecemento da experiencia profesional en Galicia.

O relatorio foi especialmente ilustrativo na parte do procedemento de acreditación das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral e/ou vías de formación non formais, un proceso de recente implantación que ofrece grandes posibilidades para as persoas usuarias pois axuda a identificar e acreditar as súas competencias e a completar o seu historial profesional.

A orientación laboral: Encaixando pezas... :-)

O cuarto relatorio “O mercado de traballo. A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral” de Fernando Luís Agulló Leal centrouse no coñecemento do mercado laboral e na creación de empresas. Expuxéronse os conceptos clave do mercado de traballo (oferta e demanda, equilibrio do mercado, indicadores, paro, tipos de paro, causas e efectos), o modelo produtivo, os beneficios da creación de empresas e os elementos clave dun proxecto emprendedor (a idea, o plan de empresa, a motivación da persoa emprendedora).

A ponencia completou e desenvolveu aspectos introducidos por Teresa Bernal Cortegoso sobre o mercado de traballo, un entorno sumamente cambiante que o profesional da orientación debe ter en conta. A procura de emprego require dun coñecemento preciso das características do mercado, das súas demandas, do perfil profesional adecuado, das tendencias… para orientar adecuadamente cara ao emprego.

Considero de especial importancia neste relatorio: as nocións sobre autoemprego e a creación de empresas. Esta parte, que se seguiu a desenvolver nunha sesión posterior, serviu de introdución para realizar diagnósticos de persoas emprendedoras e asesorar na posta en marcha de proxectos empresariais.

O quinto relatorio “Política social e de emprego da Unión Europea” de Cristina Couto Palla tocou tres temas relacionados con Europa: redes de información europea, financiamento de proxectos ou accións de emprego, igualdade e inclusión social e recursos e ferramentas de mobilidade.

Nesta ponencia proporcionáronse gran cantidade de recursos e ferramentas para acceder e xerar oportunidades de emprego, formación e outras experiencias de educación formal e non formal na UE. Resultou moi interesante a claridade na exposición do sistema de xestión dos fondos e os diferentes programas comunitarios para o financiamento de proxectos do ámbito social.

O sexto relatorio “A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral. Caso do Modelo Canvas” de Fernando Luís Agulló completou a anterior sesión introdutoria do emprendemento. Nesta ponencia explicouse o modelo Canvas, unha metodoloxía para validar a idea emprendedora antes da realización do plan de empresa. En grupos, púxose en práctica o aprendido coa realización dun xogo de simulación (deseño dun modelo de negocio). Traballouse con este método sobre unha idea empresarial e os lenzos que se obtiveron ao deseñar os diferentes modelos de negocio foron expostos nun taboleiro.

O modelo Canvas resulta especialmente útil como esquema para describir un proxecto empresarial dunha forma visual e moi simple. A sinxeleza do método parece unha solución rápida na primeira fase do asesoramento a emprendedores/as pois forza o razonamento e a visión estratéxica sobre o que podería funcionar ou non na idea empresarial.

Video sobre os 9 bloques do modelo Canvas

Para saber máis:

Reflexión sobre o marco conceptual de Rosa González Quintáns




Introdución

No marco conceptual percorremos as actuais políticas de emprego a nivel europeo, estatal e autonómico, centrándonos nas políticas activas de emprego e nas subvencións e programas dispoñibles. Vimos a estrutura da formación profesional, a formación para o emprego e o procedemento de recoñecemento da experiencia profesional, a partir do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais. Revisamos os conceptos máis relevantes sobre o mercado de traballo, a creación de empresas e o emprendemento.


Marco de referencia da orientación laboral

No primeiro tema revisamos as competencias en materia de emprego a nivel estatal (SEPE) e autonómico (SPEG) e as diferentes medidas, programas e subvencións para mellorar as posibilidades de acceso ao emprego das persoas desempregadas, mellorar a promoción profesional e o mantemento do emprego das persoas ocupadas e fomentar o espírito social e a economía emprendedora.

Para coordinar estas competencias existen tres instrumentos: a Estratexia Española de Activación para o Emprego, os Plans Anuais de Política de Emprego e o SISPE, pois a competencia en materia lexislativa das políticas activas correspóndelle ao estado e a súa execución ás comunidades autónomas.

Paralelamente, a Unión Europea ten unha competencia complementaria, elaborar unha estratexia común, a Estratexia Europea de Emprego, que sirva como marco de coordinación das políticas de emprego europeas. Consiste nun paquete anual de medidas de emprego cunhas directrices a todos os estados membros, plans nacionais de acción para o emprego, un informe conxunto e unhas recomendacións específicas para cada país. Sitúase na Estratexia de Crecemento Europa 2020.

Cristina Bernal falounos das medidas activas de emprego en Galicia, centradas, entre outras, no Programa de Garantía Xuvenil e no Plan de Activación para o Emprego. Fixo referencia á Carteira Común de Servizos do Sistema Nacional de Emprego, aprobada polo Real Decreto 7/2015, do 17 de xaneiro, carteira que todos os usuarios dos servizos públicos de emprego debería coñecer, e á importancia de ter as demandas de emprego ben informadas e clasificadas.

O mercado de traballo

No segundo tema acercámonos aos conceptos máis importantes sobre o mercado de traballo: a oferta e demanda de traballo, o equilibrio do mercado de traballo e as diferentes opinións sobre este mercado das dúas principais escolas de pensamento económico, a escola clásica e a escola kinesyana. Para medir o mercado de traballo úsanse como indicadores a EPA e os informes de paro rexistrado. Vimos a definición de desemprego, os diferentes tipos de paro e as súas causas, punto no que están de acordo as dúas escolas económicas: os salarios son ríxidos á baixa.

Certificación e formación profesional

No terceiro tema sobre a certificación e a formación profesional, as poñentes Elena González de la Cámara e Ana Ferreiroa Dobarro, deixáronnos moi claro que o importante eran as cualificacións. As cualificacións están recollidas no Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais. A este catálogo accede tanto a administración educativa, para ofertar os títulos de Formación Profesional, como a administración laboral, para emitir os certificados de profesionalidade.

Elena González de la Camara revisou os conceptos referentes á formación profesional, formación para o emprego, ás cualificacións, certificados de profesionalidade,... para deixárnolos totalmente claros ao final da sesión. Toda esta oferta formativa, confeccionada a partir das cualificacións do CNCP, xorde para dar resposta ás necesidades do mercado de traballo. Resalto a referencia ao Real Decreto-lei 4/2015, de 22 de marzo, para a reforma urxente da Formación Profesional, que presenta como novidades a creación dunha conta de formación asociada ao noso número de afiliación á Seguridade Social, dun cheque de formación para desempregados e, como cambios, a concorrencia competitiva entre as empresas de formación e a teleformación, entre outros.

Ana Ferreiroa Dobarro participou na elaboración da familia marítimo-pesqueira do CNCP e nos certificados de profesionalidade e, actualmente, traballa no recoñecemento da experiencia profesional. Na primeira parte da súa charla centrouse nos certificados de profesionalidade, profundizando en todos os seus aspectos, na súa codificación, na súa estrutura, nos requisitos de acceso do alumnado e profesorado, na teleformación. Na segunda parte, analizou detalladamente o procedemento de recoñecemento da experiencia profesional: as fases nas que se estrutura, os requisitos de acceso e a gran complexidade de todo este proceso. Ao final comentounos o que significou para as redeiras obter un certificado que avalase as súas competencias.

A política social e de emprego na Unión Europea

No tema cuarto vimos como se coordinan as políticas de emprego da UE, a través do paquete anual das medidas de emprego, para camiñar cara aos obxectivos de emprego do horizonte 2020: emprego para o 75% das persoas entre 16 e 64 anos. A Estratexia Europea de Emprego financiase con fondos europeos, o FEDER  e o FSE, en programas operativos de sete anos de duración.

No relaborio de Cristina Couto Palla coñecemos as diferentes redes de información europeas, como se financian as accións de emprego, igualdade e inclusión e os recursos e ferramentas de mobilidade. Para min era un tema novo, pois practicamente só coñecía  a rede EURES, ERASMUS, LEONARDO. Sorprendeume saber que había tantas redes e recursos a disposición de cidadáns e empresas, por citar algunas que me chamaron a atención, destacaría a rede SOLVIT, rede en liña para a resolución de conflitos provocados pola aplicación incorrecta da lexislación e o NARIC, que informa sobre homologacións entre títulos universitarios. Os estudantes interesados en traballar na UE é importante que vaian construíndo o seu perfil europeo, con períodos de estudo, prácticas ou voluntariado en Europa.

A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral

No quinto tema analizamos as causas da pouca cultura emprendedora en España a as súas dificultades. Vimos a importancia do emprendemento para crear emprego estable e o valor das empresas de economía social. Unha medida necesaria para o fomento da cultura emprendedora é a implantación desta formación no ámbito escolar, e, sobre todo, no universitario para aproveitar o talento do elevado número de titulados universitarios en España. Coñecemos, tamén, os elementos esenciais da creación de empresas: a idea, o plan de empresa e os motivos. As ideas débense poñer en situación antes de elaborar o plan de empresa, unha forma moi simple de realizar esta autoavaliación é o lenzo canvas. Feita esta autoavaliación e considerando o proxecto viable, pásase á elaboración do plan de empresa.

Nas sesións de Fernando Agulló Leal iniciamos unha práctica grupal sobre o emprendemento, buscando, primeiro, unha idea de negocio e elaborando, posteriormente, o lenzo canvas.

Módulo transversal de competencias dixitais

Co módulo das competencias dixitais empezamos a crear a nosa identidade dixital profesional a través do correo de gmail, de twitter e do blogger, cun blog grupal onde publicar os traballos individuais e grupais. Abrimos carpetas persoais e compartidas no drive e usamos o tagxedo para confeccionar a nosa nube de intereses profesionais. É a primeira vez que emprego estas ferramentas dixitais e, para min, abriuse un novo mundo de posibilidades.

Que é a marca persoal?




CONCLUSIÓNS


O curso paréceme interesante por varios motivos:

Dános a oportunidade de coñecernos os participantes que asistimos ao curso, algúns, con formación ou traballando no ámbito da orientación laboral, outros, relacionados co ámbito laboral.

Os temas son importantes para o ámbito da orientación laboral porque nos axudan a situarnos no contexto laboral actual, a coñecer os conceptos básicos sobre a creación de empresas e a estrutura da formación para o emprego.

A plataforma proporciona moitos e variados recursos e información complementaria que nos pode ser de utilidade no noso traballo.

Paréceme importantísimo saber onde buscar a información para movernos no ámbito laboral e poder transmitirllo aos demandantes en busca activa de emprego.

Os poñentes son expertos na materia, e formadores, polo que coñecemos a información de primeira man e exposta dunha maneira atractiva, ben polo enfoque práctico ou polo alto nivel de participación dos asistentes. 

Estamos comezando a crear a nosa pegada profesional e a coñecer as posibilidades da busca de emprego a través da web 2.0.

Para saber máis: